Profesor/a contratado/a doutor/a
Área de Fisioterapia
Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde
Información de contacto
Facultade de Fisioterapia
Despacho 12
A Xunqueira, s/n
36005 Pontevedra
+34 986 801 768
irismacoli@uvigo.gal
Breve CV
Iris Machado de Oliveira, nacida en Aracaju, Brasil no ano 1980, é licenciada en Fisioterapia em Brasil no ano 2003 e Doutora en Patoloxía do Envellecemento pola Universidade de Vigo no ano 2011, sendo profesora da UVigo desde 2009. Especiallista en Fisioterapia Deportiva pola Universidade de Vigo no ano 2004. Desenvolve a súa docencia dende o ano 2009 na Universidade de Vigo no Grao en Fisioterapia e dende o 2022 no Mestrado de Exercicio Terapéutico en Fisioterapia. É Coordinadora de Calidade e Responsable de Mobilidade e Relacións Internacionais da Facultade de Fisioterapia. Investigadora colaboradora en proxectos de investigación autonómicos, estatais e europeos. É membro da Comisión de Organización Académica e Validacións e do Comité de Ética da Facultade de Fisioterapia. Ademais de membro do Grupo Healthyfit da Universidade de Vigo é membro como investigadora externa do Núcleo de Investigação em Saúde Coletiva, NISC, na Universidade Federal de Sergipe em Brasil, coa a liña de investigación de Epidemioloxía e Saúde Colectiva. É representante sindical pola CIG no Comité de Empresa de Persoal Laboral da Universidade de Vigo.
Investigación
Liñas de investigación no programa
- Prescrición, seguimento e control do exercicio físico para a saúde
Grupo de investigación
Liñas de investigación
- Uso da fisioterapia e do método Pilates como medida terapéutica
- Prevención e promoción da saúde desde a Fisioterapia e o método Pilates
- Actividade física, saúde e terceira idade