Profesor/a titular de universidade
Área de Fisioterapia
Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde
Información de contacto
Facultade de Fisioterapia
Despacho 10
A Xunqueira, s/n
36005 Pontevedra
+34 986 801 766
gfuentes@uvigo.gal
Breve CV
Gustavo Rodríguez (Zurich, Suíza, 1968) é Diplomado en Fisioterapia (1994) e Doutor en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña (2009), sendo profesor da Universidade de Vigo desde 1997. A súa produción científica abrangue a publicación de 30 artigos científicos (7 incluídos no JCR), numerosas comunicacións a congresos nacionais e internacionais (con distincións á comunicación presentada en dous deles), e a participación en catro proxectos de investigación (1 europeo e 3 autonómicos), ademais de ser o investigador principal dun proxecto de innovación educativa. Nestes momentos está a dirixir unha tese de doutoramento. Ademais, ocupou diversos cargos na xestión universitaria e foi Vogal da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), órgano superior de avaliación da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) desde agosto de 2009 a decembro de 2015.
Investigación
Liñas de investigación no programa
- Prescrición, seguimento e control do exercicio físico para a saúde
Grupo de investigación
Liñas de investigación
- Uso da Fisioterapia e do método Pilates como medida terapéutica
- Prevención e promoción da saúde desde a Fisioterapia e o método Pilates
- Actividade física, saúde e terceira idade