Cada curso impartirase cada dous anos, de acordo co calendario elaborado para o período pola Comisión Académica do Programa. O estudante deberá acreditar nos dous primeiros anos a obtención dun mínimo de 10 ECTS.
Recoméndase un mínimo dunha estadía dun mes ao ano (160 horas/ano x 3 anos = 580 horas).
O estudante realizará a súa estancia de acordo co seu director/a e/ou titor/a, segundo seu plan docente, e seguindo a normativa da Comisión.
Actividades formativas 2023/2024
Actividade | Duración | Carácter | Descrición |
---|---|---|---|
Xornadas de Orientación a os novos doutorandos | 4 horas | Obrigatorio | O coordinador do programa organizará unha sesión informativa a través de vídeo conferencia no primeiro trimestre de cada curso académico que terá como finalidade dar a benvida aos novos estudantes así como facilitarlles detalles sobre a organización do programa, recursos dispoñibles, grupos de investigación existentes na Universidade de Vigo, bolsas e axudas, posibilidades de mobilidade e inserción laboral, convenios e acordos con outros centros universitarios e institucións, etc. |
Curso de comunicación escrita en inglés académico | 20 horas | Optativo | Actividade transversal de segundo ano |
Técnicas de comunicación en público | 10 horas | Optativo | Actividade transversal de segundo ano |
Seminarios de investigación organizados polos grupos de investigación | 12 horas | Obrigatorio | Nestes seminarios analizaranse os distintos procedementos de análise estatística, fases e metodoloxías para afrontar unha investigación no campo da educación, deporte e a saúde. |
Participación en congresos/seminarios especializados | 36 hora | Obrigatorio | Os doutorandos participarán naqueles Congresos e Xornadas nacionais e internacionais, recomendados pola CAPD, presentando Comunicacións e/ou posters. Cada ano o programa de doutoramento fará público a listaxe de Congresos que se recomendarán, incluíndo congresos nacionais e internacionais. |
Encontro entre investigadores do programa | 12 horas | Obrigatorio | Este encontro ten como meta facilitar aos doutorandos o contacto con experiencias de investigación e investigadores. Seguirase un esquema de investigación na súa presentación: obxectivos, marco teórico, deseño de investigación, resultados, discusión e cuestións éticas e de transferencia do coñecemento. |
Promoción de mobilidade | 720 horas | Optativo | Os doutorandos deberán realizar estadías formativas de investigación en Universidades nacionais ou estranxeiras, a fin de mellorar e ampliar a súa formación investigadora e o coñecemento de liñas e tendencias no ámbito de estudo ao que se refire a súa tese de doutoramento. |
Curso de Xestión Bibliográfica | 20 horas | Optativo | Actividade transversal de primeiro ano |
Conferencias de investigación realizadas polos grupos de investigación ou profesores convidados ao redor de temas concretos | 4 horas | Obrigatorio | Estas conferencias, serán organizadas por un equipo de investigación do grupo e consistirá nunha charla sobre as limitacións ás que deberá facer fronte o investigador e serán impartidas por un investigador de recoñecido prestixio no ámbito da Educación, Deporte e Saúde. |