Perfil de ingreso
Estudantado interesado en realizar a súa tese de doutoramento nos ámbitos da Educación, a Saúde e o Deporte obxecto do Programa.
Criterios de admisión
Establécese como criterio xeral de admisión a presentación dunha proposta de Proxecto de Tese de doutoramento relacionada con algún dos equipos de investigación existentes no Programa de Doutoramento.
Unha vez solicitada a admisión polo alumnado, levará a cabo a selección e admisión dos estudantes no programa de doutoramento por parte da CAPD, previa comprobación por parte das unidades administrativas de que os solicitantes cumpren os requisitos de acceso.
Avaliarase cada solicitude en base á seguinte información, que debe acompañar á solicitude de admisión:
- Currículo do solicitante, tendo en conta a titulación de aceso e a súa formación previa (85%).
- Carta con declaración de intereses sobre o programa de doutoramento onde debe expoñer as motivacións do estudante para escoller este programa de doutoramento e a/as liña/as de investigación de interese en caso de ser admitido no mesmo. Valoraranse os posibles informes de referencia das súas institucións de orixe (15%).
- Opcionalmente, realizaranse unha (ou varias) entrevistas persoais (de maneira presencial e/ou a través do correo electrónico). O obxectivo das entrevistas é a valoración das características do solicitante en canto ao perfil de ingreso, así como a adecuación dos seus intereses ás liñas de investigación dos Grupos adscritos ao programa de doutoramento. Serán necesarias naqueles casos nos cales a documentación achegada xere dúbidas nalgún dos méritos alegados ou en caso de empate entre varios candidatos. En todo caso teranse en conta as necesidades educativas especiais de estudantes derivadas de discapacidade.
Acreditar coñecementos de inglés equivalentes ao nivel B1.
Baremo do Currículo da Comisión Académica do Programa de Doutoramento:
- Formación Académica: (65% do CV)
- Experiencia Profesional: (15% do CV)
- Experiencia Investigadora: (15% do CV)
- Outros méritos: (5% do CV)